A Tajea
A Tajea é un grupo de música tradicional formado por Cristina, Marta, Mónica, Saray, Lara, Begoña e Marga, mulleres do rural. Todas elas comparten o gusto pola música tradicional e sobre todo as ganas de pásalo ben. Os referentes musicais deste grupo son moi variados, dende as músicas tradicionais galegas, portuguesas, irlandesas... ata o rock pasando pola música clásica.
É un grupo cun estilo non moi definido pero que busca unir a música e o humor. Este grupo é un hobby para ela, algo que necesitan para desestresarse e pasalo ben.
Consideran que se lle dá as mulleres a importancia que se merecen no mundo da música a nivel intérprete, o que se bota de menos é que haxa pois por exemplo directoras de orquestras sinfónicas. Elas diríanlle a outras mulleres que queren ser artistas e comezar no mundo da música que vaian a por todas e sobre todo que desfruten do que fagan.
![]() |
---|
![]() |
![]() |
![]() |