top of page

Agoraphobia

Banda de rock de Boiro, que defenden a existencia dun panorama musical actual moi rico pero entristecelles ver que moitas bandas que chegan ata ser cabezas de cartel en festivais se enorgullecen de non saber dar un acorde. Defenden a ética de traballo dun músico e están en contra de que hoxe en día un artista este máis preocupado polo contido das súas redes sociais que por ofrecer unha obra artística de calidade. Como din elas: "el talento no está reñido con la excelencia".

 

Falan das trabas que tivo a muller ao largo da historia para triunfar, que a pesar de haber referentes musicais estas ocupan sempre un lugar de segunda fila, relegadas a un segundo plano e ensombrecendo o talento de artistas superior ao de artistas masculinos. Defenden que os festivais, que ao final son os grandes promotores dos músicos, deberían darlles máis oportunidades a bandas de mulleres.

 

Para elas o entorno é esencial. Á hora de compoñer, Galicia é unha dos seus principais influencias. O seu son mimetizase co que escoitan: os seus veciños, o mar, as súas familias, etc.

agoro1
agoro
  • Instagram
bottom of page