Alba Casanova
Estudou Artes Plásticas con especialidade na escultura na EASD Mestre Mateo de Santiago, a licenciatura de Belas Artes en Valencia e un mestrado en Produción Artística. Ten un montón de referentes, e en diferentes categorías (Hanna Höch, Joan Brossa e Julio Cortázar). O que lle fixo pasarse ao papel foi a falta de espazo.
Adoita traballar sobre conceptos. Mestura debuxo e collage, intenta poetizar calquera concepto e crear ficcións novas combinando obras existentes coas súas propias. Na súa obra máis persoal interésalle a política, o social e o relativo ao xénero. Tamén traballa como integradora social.
Vive en Valencia, pero sigue a chegarlle moito traballo de Galicia. Aínda que leva moito tempo traballando neste campo, sempre ten que reinventarse. Chéganlle un montón de ofertas de traballo non remunerado coa escusa de “promoción da túa obra”. Opina que se non che ofrecen nin 50 euros é porque non respectan o teu traballo.
![]() |
---|