top of page

 Alba Díaz

Realiza retratos (só de mulleres) rodeados dun ambiente natural, sen engadir artificios.

 

Dentro de Ha(v)belas Alba realizou unha serie fotográfica de mulleres na ducha chamada “Mulleres líquidas”. O feito de meter ás mulleres nun espazo como a ducha é unha metáfora, xa que ducharse é un momento moi íntimo onde as mulleres quítanse todas as capas e todos os pesos que levan enriba, é unha maneira de liberarse.

Alba Díaz
Alba Díaz
Alba Díaz

A exposición HA(V)BELAS é unha exposición colectiva feita por 7 mulleres co fin de visibilizar o traballo de mulleres artistas lucenses. A exposición comprende pintura, fotografía, ilustración, escultura e gravado. Ha(v)belas ten un marcado carácter reivindicativo pero tamén feminista, pois durante moitos anos se lles foi negado ás mulleres o acceso a ocupar espazos artísticos. “Senón ocupas os espazos, non existes.”

bottom of page