Ana Alborés
O seu interese pola fotografía ven dende que ía a escola, e pouco despois lle regalaron unha cámara. Dende ese intre non parou de fotografiar. Está cursando Belas Artes, aínda que non considera imprescindible os estudos para expresarse artisticamente, senón máis ben participar en proxectos para poder coñecer mellor o ámbito que che interesa. Toda a súa experiencia e coñecementos na fotografía foron autodidactas.
Ten como referentes a persoas como Steph Wilson, Slim Aarons, Daria Kobayashi e Lea Colombo. Adoita inspirarse para a súa fotografía en eles e en outros moitos, na moda, na natureza e en magazines online nos que pode ver traballos de xente que non coñecía.
Tendo colaborado con distintas marcas e axencias publicitarias como Aquarius, Absolut, Garnier, ou ser fotográfa do festival BBK, considera que cada unha das súas fotos é un proxecto único, sendo todas igual de válidas e valiosas. Nun futuro gustaríalle poder desenvolverse como fotógrafa e ten pensado facer un master de fotografía de moda.
![]() |
---|
![]() |