top of page

Arancha Álvarez

A súa visión dunha artista: “Creo que se por algo se caracteriza o "ser artista" é pola inestabilidade constante, tes que acostumbrarte a saber xestionar os momentos de inflexión. Eu antes de chamarme artista prefiero dicir que son unha traballadora, porque grazas ó traballo podo crear o que me gusta.”

 

A súa nai é unha das súas grandes fontes de inspiración para os seus documentais, unha muller á que considera “unha amante do risco por natureza”. Entre outros, inspírase en Maria Paseuanau ou Petra Collins e autodefínese como “unha nostálxica do pasado”.

 

O seu proxecto máis persoal foi o documental Cando mamá pechou as caixas. Considera que a formación que está a recibir (estudante de CAV) é un mero trámite para seguir estudando; que a verdadeira formación artística a está a buscar ela mesma. Ademais, pensa que a posición da muller galega esta “in crescendo”, e que Galicia é un bo escenario para crecer como artista; aínda que coida que é preciso buscar un camiño propio e constrastar culturas e tradicións.

ARANCHA1
ARANCHA
  • Instagram
  • Instagram
bottom of page