top of page

Aroa Outón

Quen sabe verdadeiramente a desigualdade que hai, son as mulleres, por que son que as viven. A culpabilidade recae sobre toda a sociedade, pero non deixan de ter culpa os medios de comunicación, editoriais etc., que moitas veces son quen teñen maiores prexuízos.

 

O movemento feminista medrou moito nestes últimos anos, e con el todas as artistas se atreveron a mostrar o que facían e gozaron de maior visibilidade. Sente maior apoio doutras mulleres que de homes en canto ao seu traballo, pero considera que non ten por que ser xeneralizado. Estamos nuns anos nos que mostrar á luz o que facemos axuda a que o feminismo medre, e este axuda ás creadoras tamén a atreverse a loitar polo que queren. En moitas ocasións, multinacionais e empresas varias se aproveitan do auxe do movemento para comercializalo. É un erro enorme, e hai que apostar sempre por creacións realizadas das mans das mulleres, nacidas das súas opinións e pensamentos.

 

A día de hoxe considera que non podería vivir do que fai. Seguirá intentándoo, e creando novos proxectos para poder cumprir o seu soño nun futuro.

 

Na arte tamén existen barreiras que non deixan brillar o suficiente ás mulleres, xa que dende

séculos, os homes podían ter acceso a academias de arte para formarse e posteriormente ser considerados xenios, é dicir, os xenios que seguimos valorando hoxe en día. Non hai estes casos en mulleres porque os impedimentos xa veñen dende a infancia, negándolle a maioría das veces as súas capacidades.

do-not-take-photos-1576438_1920
bottom of page