top of page

 Bego Pérez

Begoña é unha fotógrafa profesional lucense. Especializouse en fotografía social, as BBC, aínda que tamén realiza catálogos, publicidade e reportaxe para diferentes empresas.

 

A súa auténtica paixón son as reportaxes de viaxes. Sempre intenta buscar un oco para viaxar xunto coa súa cámara. Sempre intenta buscar a esencia e que á xente lle chegue o que ela fai, busca resaltar a beleza natural do que fotografa e mostrar unha realidade con poder expresivo. A través destas reportaxes o que busca é contar historias e narralas cun estilo no que prima a naturalidade e a proximidade. Dentro da exposición de Ha(v)belas, Begoña ten a súa propia serie fotográfica dun viaxe que realizou a Guinea-Bissau e onde fotografou o día a día e as súas xentes. A súa fotografía máis icónica titúlase “A rainha”.

 

En relación a esta exposición en conxunto, Begoña cree que a posición da muller na arte galega é mellor que fai anos, pero iso non quere dicir que as mulleres estean ben. Pensa que por desgracia as mulleres teñen que demostrar máis durante máis tempo para poder chegar lonxe. Cree que é

necesario facer iniciativas e presión social para ocupar espazos (como as galerías de arte) que lles foron negados pola condición de muller.

Bego_Pérez
Bego_Pérez
Bego Pérez

A exposición HA(V)BELAS é unha exposición colectiva feita por 7 mulleres co fin de visibilizar o traballo de mulleres artistas lucenses. A exposición comprende pintura, fotografía, ilustración, escultura e gravado. Ha(v)belas ten un marcado carácter reivindicativo pero tamén feminista, pois durante moitos anos se lles foi negado ás mulleres o acceso a ocupar espazos artísticos. “Senón ocupas os espazos, non existes.”

bottom of page