top of page

Berta Dávila

Unhas das novas poetas galegas recoñece que comezou escribindo poesía por pereza e porque é un

tipo de escritura que non requiría certa constancia, despois comezou a escribir outro tipo de cousas.

 

En canto a isto, recoñece que “non escribiría novela da forma que o fago se non escribira poesía”. Entende que a poesía e a narrativa son procesos distintos e afirma que os premios literarios (conta con numerosos deles tanto de poesía como de narrativa) permitíronlle “achar de xeito anónimo e pouco comprometido un fogar editorial” para os seus proxectos.

 

Entende a literatura como unha vía de aprendizaxe na que os autores e autoras non deben escribir unicamente sobre aquilo que coñecen, senón que afirma que “se pode escribir sobre o que se quere

coñecer”.

 

A pesares de contar con numerosos premios literarios e nomearse como unha das grandes

promesas da literatura galega, afirma que o seu espazo de escritura é o mesmo “onde fago a lista da compra ou subo parvadas a Facebook”. Ademais, afirma que escribe en lingua galega porque é a propia do lugar onde reside.

do-not-take-photos-1576438_1920
bottom of page