Broken Peach
Broken Peach é un grupo formado actualmente por oito integrantes, aínda que en escena só sexan sete. Este grupo formouse fai 10 anos dun soño dun grupo de cativos de montar unha banda. Os referentes musicais deste grupo son moi variados, pero sempre intentan darlle aos temas o seu rollo. Tocan temas de Alicia Keys, Jessie J, Ray Charles, Queen, Ariana Grande, Abba, entre outros.
Case todos os integrantes deste grupo viven da música, e afirman que se te queres adicar á música teste que arriscar e é así como están a conseguir as cousas e por agora están moi contentos; cabe recalcar que á base de todo o seu traballo foi moito esforzo.
O estilo deste grupo pode ser definido por unha mestura, por así dicilo, das Supremes (coas voces femininas facendo harmonías) e The Who.
Conscientemente, non contan con cancións relacionadas co movemento feminino, é dicir, se cantan algunha canción que teña relación con este movemento non a cantan con ese fin. Pero están encantados de ter a 4 mulleres (naturais, elegantes á vez que gamberras, divertidas, etc.) ó frente que coa súa actitude reflexen a muller de hoxe en día.
![]() |
---|
![]() |
![]() |
![]() |