top of page

María Astray

Considera o mundo artístico un lugar complicado, onde costa moito atopar quen aprecie o traballo, pero que coa presenza das RRSS, exista unha nova ventá a comunicación e visibilización. Porén, advirte o peligro dos algoritmos e “likes” baleiros están a reflectir unha realidade que non é para nada a existente.

 

As súas pezas son unha mestura de cousas que foi interiorizando ao longo da súa vida, e tenta expresarse nos opostos, en "estado puro". Porén, non se enmarca en  ningún estilo en concreto, a pesares de ter influencias do surrealismo pop ou do art outsider.

 

As mulleres xogan un papel fundamental na súa obra e son obxecto de case todas as súas ilustracións. Isto baséase nunha decisión da propia artista e no concepto de feminidade empoderada que coida que a día de hoxe, segue sen facérselle moito caso (“ unha vez, nunha inauguración dunha exposición miña, un grupo de persoas que estaban de casualidade acercouse a un amigo meu, pensando que era él o artista (por qué? non sei) e preguntáronlle entre risas por qué estaba tan obsesionado coas mulleres. Esto foi por que viron unha serie de ilustracións, dunha vaxina con dentes, unha muller ríndose mentras arde nunha fogueira, etc. E interpretáronno coma unha mezcla de obsesión e ganas de chamar a atención. No pararon a buscarlle moito sentido. E creo que é por que se está relacionado nalgún aspecto coa feminidade empoderada, non se toma moi en serio”).

MARIAASTRAY
MARIASTRAY1
María Astray (_maruastray)
  • Instagram
bottom of page