Laura Suárez
Para Laura, debuxar é a maneira máis cómoda que ter de comunicarse. Fala de que o universo artístico en xeral sempre foi un territorio máis dominado polo xénelo masculino. Dinos de facer un exercicio: nomear 5 artistas bos.Doado. Pero non é tan toado nomear a 5 artistas mulleres boas. Afirma que é unha pena porque hai milleiras de artistas moi grandes e moi boas que ninguén coñece, e que só sona algún nome por ser comercializada máis como figura emblemática que como artista (como o caso Frida Kahlo)
Estudou Belas Artes en Pontevedra e Valencia. Máis adiante foi a Barcelona para estudar un máster de ilustración e cómic na escola Elisava .Fala de facer algún estudo relacionado co mundo artístico como recomendación, aínda que tamén afirma que non é algo imprescindible para traballar como artista. O difícil é destacar.
Sinte inspiración a través de artistas de ilustración e cómic coma Carson Ellis, Julia Sardá, Emily Carrol ou Zuzana Cupovà; así como escritores como Henry James ou cineastas coma Wes Anderson ou James Whare.
Non se cerra a ningún estilo, pero o que máis lle interesa é o terror, di que lle transmite moito xa que lle gusta como reacciona a xente ante o medo. De todas formas, tamén ten tratado temas alegres, pero o sombrío e o pasado sempre tivo unha gran influencia na súa obra.
![]() |
---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |