Afra Torrado
Nos seus debuxos, ironiza sobre a realidade e pretende facer visibles as cousas que considera importantes. Galicia é para a súa arte un referente e contexto, tanto para ben como para mal; e o feito de ser muller e galega, aportoulle unha nova perspectiva das cousas e ideas para as súas obras.
Di que “as condicións económicas marcaron a arte ao longo da historia e agora non é diferente”, aínda que sempre anda a busca
de alternativas
Coida que a percepción dos artistas comeza a cambiar, debido tamén a existencia das redes sociais (“na facultade xa non se ven tantos pantalóns afganos. Penso que nos estamos volvendo moi normais e a sociedade abrázanos a non ser que fagas performances tolas”) e anima a que calquera persoa con inquedanzas artísticas as abrace e o intente (consello: “que para diante coma os de alicante sempre que se sinta cómoda co que fai (e cando non, tamén)”).
![]() |
---|
![]() |
![]() |
![]() |