top of page

Lucía Cobo

Comezou por casualidade no mundo da ilustración pero no momento de ilustrar ten claro que o que fai é centrarse naquela idea que realmente quere expresar, e a partires diso comeza o traballo como

tal.

 

O seu gran proxecto é "Músicas Galegas Ilustradas" onde trata de facer ilustracións de todas as mulleres músicas galegas. Comezou este proxecto ao ver a necesidade de darlle voz e imaxe ás músicas galegas xa que ía a moitos festivais onde a penas había presenza musical feminina.

 

Así como no mundo da ilustración non tivo moitos encontros de desprestixio debido aos mundos onde ela mesma se movía, no mundo da música si tivo algunha que outra traba polo feito de ser unha muller

baixista.

 

Cree que é preciso darlle agora voz a aqueles referentes femininos que foron calados no seu día, e a partir deles poder seguir loitando por unha maior presenza da muller en tódolos ámbitos. 

LUCIACOBO
LUCIACOBO1
  • Instagram
bottom of page