top of page

Mónica Filgueira

A figura da artista galega sempre ven pisando forte e loitando, nótase que a diferenza dos homes teñe esa necesidade de facerse oir, pero o seu primeiro paso empeza por nós mesmas e na casa. Algunhas das súas obras feministas están expostas no Museo Municipal de Ourense, son “ Or@perucita “Taras”. Ambas tratan os medos e a maneira en que ela se enfrenta a eles, pero na segunda trátase de relatos cortos que abarcan diferentes temáticas onde a muller sempre está presente. 

 

Empezou a firmar co pseudónimo “MÔf LaSinvergüenza” dende 2013, para poder expresarse sen reparo e ser ela mesma. Todo o que sae da súa cabeza para amosar ao espectador, vai relacionado coa muller. A temática principal nos seus cadros e textos, é a vida mesma e o coñecemento, sempre acompañados da documentación e a experiencia. Trátanse de sucesos que todos sufrimos e que favorecen a nosa identificación con eles. A técnica que utiliza son a acuarela, tinta, fío e agulla, fotografía e a escritura na súa grande maioría.

 

Estudou Bellas artes pero sen rematar a carreira. Ela opina que o importante é saber transmitir ao público aquilo que ti queres, pero obviamente os estudos son necesarios para subsanar moitas carencias coas que te podes atopar. O seu traballo actual está fóra da faceta artística, pero por sorte permítelle facer ambas cousas. Colaborou como ilustradora en varios libros e pouco queda para que o seu primeiro libro se publique. En canto a redes sociais, utiliza Instagram e Facebook pero non lle adica o suficiente tempo como para gañar efectividade nos seus seguidores, pois para iso, o contido ha de ser fructífero e debe seguir unha rutina de difusión.

do-not-take-photos-1576438_1920
bottom of page