top of page

Sofía Peires

Cantante nunha banda de rock/pop coruñesa (e inspirada por mulleres coma Patti Smith ou Tracy Chapman) que trata temas coma o sistema patriarcal no que vivimos actualmente e a unión entre mulleres contra un sistema represor nas letras das súas últimas cancións.

 

O seu grupo (The Wonderminds) conseguiu xa sacar o seu propio EP e están avanzando cada vez máis cara a posibilidade de facer un videoclip oficial, ademáis dunha grabación de calidade profesional. Así, intenta sempre conectar os seus temas cun relato feminista, xa que ve necesario visibilizar a falta de poder e de a desigualdade que sufren as mulleres na sociedade. 

 

O seu principal consello é que as artistas principiantes non se rindan, que xamáis se conformen co papel que teñen dentro do sistema "perfectamente estruturado" de hoxe en día. Destaca que a sororidade entre artistas femininas é primordial. 

do-not-take-photos-1576438_1920
bottom of page