top of page

Lidia Cao

Lidia, que leva interesada no debuxo e na creación desde que lle alcanza a memoria, iniciouse no muralismo hai uns anos e namorouse da forma de traballar, o entorno, o contacto coa xente e a loita contra o feísmo urbano existente. Aínda que cursou o bacharelato artístico e fixo un Ciclo Superior de Ilustración, considera que os estudos non o son todo, polo feito de que che axudan a focalizar cara o que che interesa, mais afirma que é o traballo dun mesmo, o esforzo e a constancia o que importa realmente, considerando que moito do seu traballo foi autodidacta.

 

Ten moitos referentes tanto galegos (Cestola na Cachola, Nove Noel, Lula Goce ou Doa Oa) como internacionais (Shaun Tan, Etam Cru ou Teagan White). As súas inspiracións son todo o que vive na súa vida cotiá, influída polo estado de ánimo de cada etapa da súa vida. Gústanlle moito os retratos femininos, o natural e a crudeza do ser humano entre outros aspectos.

 

Na súa obra aparecen moitos personaxes femininos, xa que lle gusta plasmar a forza que estes teñen, sobre todo coas miradas. Tivo varias obras e murais que falan da importancia que ten escapar de situacións que leven á submisión e ao desequilibro de poderes. Ela mesma afirma ter pasado por varias situacións incómodas nas que, polo feito de ser muller, haxa homes que non a vexan capaz de conducir grúas ou subir a andamios pola súa conta, aínda que sexa o seu traballo. Ademais, tamén afirma ter sido acosada por terceiros mentres traballa nestes murais, e parécelle mentira que a estas alturas sigamos tendo que aguantar cousas coma esas.

 

Como proxectos máis importantes destaca o mural en Santa María da Feira (por ser o seu primeiro mural en superar catro pisos) e as portadas para os CD’s de Sés e Dios Ke Te Crew. Ademais, ten

outros traballos entre mans, como un mural en Francia preto de París e tres murais confirmados para este verán. Gustaríalle seguir crecendo e manterse na súa profesión de ilustradora e muralista. 

LIDIA
LIDIA1
Captura de pantalla 2019-06-06 a las 16.
Captura de pantalla 2019-06-06 a las 16.
Captura de pantalla 2019-06-06 a las 15.
  • Instagram
bottom of page