Sara Valcárcel
Dende nena sempre manifestou un impulso creativo, e ten un peso moi importante porque forma parte dela en certa forma.
Pensa que aínda queda moito por traballar para que exista unha plena igualdade en tódolos campos entre homes e mulleres, pero de todas formas tamén fala de que no mundo da ilustración hai moita presenza feminina. Aconsella que pelexemos polo que máis nos gusta. Ademais, pensa que os estudos artísticos son importantes e ofrecen a oportunidade de abrir a mente e formarse, pero que tampouco son unha garantía de éxito hoxe en día. O imprescindible é ter unha actitude proactiva.
O seu universo creativo está formado por personaxes típicos da cultura galega e as súas paisaxes máxicas. Tamén pon en valor a independencia, a diversidade e a forma feminina a través dos seus deseños, que son unha combinación do seu imaxinario e experiencias persoais.
![]() |
---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |