Mariña @queixumes
Mariña leva debuxando dende moi pequena, e sempre de maneira autodidacta. Adoita facelo para botar fóra as cousas que lle preocupan ou que ten en mente, inspirándose sempre en si mesma e nas cousas que lle acontecen. A súa influencia máis grande é a ilustradora Celeste Mountjoy, quen lle ensinou a incorporar textos nos seus debuxos sen que fora dunha falsa maneira profunda ou intensa, senón frases sinceras que saísen dela mesma.
Ten feito proxectos como un debuxo para o calendario de 2019 de Curuxa Feminista co obxectivo de dignificar e visibilizar o duro traballo da muller no rural, e máis recentemente “O rizo desfeito”, un fanzine sobre o amor co que puido chegar a moita xente e que lle axudou a ela mesma a pechar certas relacións do pasado.
Aínda de ter feito ocasionalmente algún encargo e vender produtos como camisetas, fanzines ou láminas, Mariña non quere dedicarse profesionalmente ao debuxo, senón que o ve como unha forma de enriquecemento. Afirma que “se convertira o de debuxar nunha obriga, deixaría de aliviarme e non sería quen de facelo baixo presión”.
![]() |
---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |