top of page

Dores Tembrás

O público en xeral é cada vez máis consciente do que acontece coa situación da muller no mundo

e a reflexión que iso conleva aféctalle tamén á cultura.

 

Hai moitos centros de ensino que seguen autorxs de moito éxito incluídas nos programas de lectura dende os anos 90, pero tamén hai moita renovación, nomes como Ledicia Costas, Erica

Esmorís... O papel dos docentes é definitivo, ir introducindo novos nomes de altísima calidade que conecten coas novas xeracións é un reto que xa comezou.

 

Non podería vivir da escrita de poemarios.

 

As estruturas do patriarcado son aínda moi fortes, moitas veces seguen sendo os homes en postos

de dirección os que seguen a decidir as contratacións e as promocións. É un sistema viciado, pero isto vai cambiar, xa está mudando.

dores
bottom of page