Eva Dorrio
Actualmente atópase centrada na creación de retratos, tendo como inspiración a fotógrafas coma VirginiaRota ou María Pol (sobre todo a través de Instagram) e paseando algunha que outra vez polos contidos de plataformas coma Pinterest.
As súas obras favorita son as respectivas á súa familia. Pretende anotarse a futuros concursos de fotografía e recreará unha serie de ilustracións para TFGs de diversas compañeiras. Ten en mente tratar o feminismo nas súa obras pero esperar a poder facelo con tempo e, desta forma, tratar o tema con todo o coidado posible.
Afirma que aínda queda moito por facer para que se recoñeca o traballo das mulleres da mesma
forma que se fai co dos homes. O seu principal consello para as "amateurs" é que non teñan medo a
darse a coñecer, xa que cantas máis mulleres haxa na cultura, mellor lle irá á sociedade.
![]() |
---|
![]() |