top of page

Flow do Toxo

Senten a necesidade de expresarse artisticamente porque non se ven representadas polos artistas e letras hexemónicos; consideran que é necesario para a muller o “okupar” eses espazos que lles foron negados (e lle son obstaculizados actualmente). Non se enmarcan dentro de ningún estilo, non porque non poidan, senón porque non queren, gozan da variedade de bases e estilos, pero achéganse moito ao rap.

 

Foron discriminadas moitas veces no escenario por técnicos que as ignoran, outros artistas que as parodian con desprezo… con todo, seguen loitando contra o machismo no circuíto musical e só atenden ás críticas construtivas, non ás machistas e discriminatorias.

 

Non poden vivir integramente da música, son, ademais, traballadoras. Unha fotógrafa, unha estudante, unha deseñadora de interiores e unha farmacéutica. Con todo, están desexando sacar o seu novo disco, teñen merchandising e ata participan en grandes festivais galegos coma o Revenidas.

FLOWDOTOXO
FLOWDOTOXO
  • Instagram
bottom of page