Iolanda Zúñiga
Unha activista feita escritora. A reivindicación forma parte da súa obra, mais esta sempre é tomada dende o punto de vista da realidade na que a sociedade e a vida son as protagonistas.
Os seus comezos foron no teatro, pero o seu medo pola exposición pública e o esforzo físico e psicolóxico que lle supuña levouna cara o camiño da escrita. Mais, neste eido recoñece que en Galiza é moi complicada a creación de calidade tendo que pensar como chegar a fin de mes.
Forma parte do proxecto Mulleres en acción: Violencia Zero levado a cabo pola Deputación de Pontevedra para apoiar e visibilizar a creadoras galegas poñendo o foco no grande problema da violencia machista que afecta cada día na nosa sociedade. A súa aportación viuse traducida, este mesmo ano, baixo o título “A palabra indómita”; mais recoñece que a súa acción tivo orixe no proxecto Palabras Ruíns, unha colección de textos que poñía na rede.
![]() |
---|