top of page
Mar Catarina
Artista multidisciplinar que se move por distintas plataformas (fotografía, vídeo, música...) en función do que precise expresar. Identifícase principalmente como fotógrafa.
A procura da beleza é transversal á súa obra, é algo que a acompañou toda a súa vida e que agora explora de forma consciente. Dende a infancia manifestou interese por actividades relacionadas coa arte e a expresión ata conformar a súa narrativa propia como artista multidisciplinar.
Hoxe é docente en Madrid, actividade que a está a marcar fondamente a nivel creativo e persoal, aínda que recoñece que a súa sensibilidade artística (marcadamente minimalista e natural) se está vendo afectada pola exposición continua ao ruído e artificio dunha grande cidade.
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
bottom of page