top of page

María Mata

Dentro da exposición de Ha(v)belas, María Mata expuxo “Los siete pecados capitales”, onde cada pecado ten unha técnica distinta: ilustración, técnica dixital, pintura... Son todas mulleres excepto a representación da ira e a avaricia que son homes. Normalmente ela sempre representa ás mulleres nas súas obras porque se sinte identificada con elas, pero sempre en situacións de fortaleza e empoderamento, nunca en situación de submisión.

 

Actualmente está investigando unha nova técnica que está convencida que só realiza ela e é debuxar con papel. O proxecto máis importante para ela foi unha exposición que fixo en Italia mostrando por primeira vez esta técnica.

 

En canto á posición da muller artista, María di que en Galicia en concreto, as artistas están moi marxinadas, porque dende sempre se pensou que o feito de existir mulleres artistas era algo secundario, coma un hobbie. Soamente un 6% das mulleres están representadas nas galerías. Fai tan só 15 anos, ela coñeceu dúas mulleres que firmaban con nomes de home e argumentaban que polo mero feito de ser muller, os galeristas non valoraban do mesmo xeito as obras.

maríamata
bottom of page