top of page

María Quinteiro

Criouse nunha familia de artistas. A súa nai debuxaba e vendía obras artesanais no mercado. Isto levouna a querer dedicarse á súa paixón: artes gráficas.

 

Os seus referentes son Astrid Stavro, Ena Cardenal e Stefan Sagmeister. Inspírase na súa

creatividade despois de ver series ou películas oi de ler.

 

O seu proxecto máis importante é o deseño dun logo dun club ciclista de Cádiz aínda que o máis

especial foi restaurar a fotografía rota dunha muller de 80 anos que perdera ao seu fillo cando el tiña 10 anos. Foron moitas horas e moito traballo e aínda así non lle cobrou.

 

Está relacionada co movemento feminista. As súas ilustracións adoitan amosar mulleres fortes. Xa

aos 14 anos mostraba esta vea cando gañou un concurso cunha ilustración feminista.

 

Nas súas palabras tras preguntarlle se considera que se lles dá ás mulleres a importancia que se

merecen na arte: "Para nada, e dígoo por experiencia propia. Nas galerías é raro ver o nome dunha muller, e se está rara vez será nomeada e destacada. Sól se acordan de nós cando se acerca o 8m e queren montar unha galería dedicada só ás mulleres, o resto do ano somos invisibles, e se eres afortunada e consegues expoñer as túas obras sempre haberá alguén que a cualifique de ‘feminazi’ aínda que non viran a túa obra ou porase en dúbida a autoría desta e como chegaches a expoñer aí".

 

No seu primeiro traballo como deseñadora gráfica (2010) cometeu un grave erro nun deseño e o seu xefe logo de botarlle a bronca dixo: "Afortunadamente, estás moi boa e alégrasme a vista, porque por outra cousa non vales a pena. Hai uns 10 anos acudiu a unha entrevista de traballo onde, cando falaba do salario, ofrecéuselle uns 450 € e despois de falar cun compañeiro de clase que tamén realizara a entrevista descubriu que o salario que lle foi ofrecido a el era de 530 €.

Maria quinteiro
bottom of page