top of page

María Reimóndez

Entende a literatura como unha ferramenta de transformación social que tradicionalmente se usou para afianzar valores hexemónicos, pero recoñece que as obras feministas e críticas foron rachando este convencionalismo cara a creación de espazos de transformación e reflexión.

 

Foi unha das fundadoras da plataforma de crítica literaria feminista A Sega, na que participaron primeiramente autoras como Andrea Nunes Briones, Marga Romero, Lara Rozados ou Beatriz Suárez Briones; mais esta trátase dun plataforma aberta á que se van incorporando novas voces.

 

Declárase feminista e afirma que a súa declaración pública provocou “unha prelectura de que ten que ser ideolóxica e planfetaria”. Isto débese a que a sociedade reborda o canon patriarcal, mais tamén entende que moita xente non sabe o que é o feminismo; afirma que a chave para o cambio está “nas alianzas das feministas”.

reimóndez
bottom of page