top of page

Marita Martínez

Sempre lle gustou o teatro e foia cases e participou en grupos durante toda a súa vida académica. Decidiu dedicarse á interpretación porque di que “isto é como unha enfermidade, vai con un”. Teresa Horro é o seu maior referente e a persoa que a animou a embarcarse nesta aventura e a fichou para o seu primeiro traballo.

 

Pensa que no hai papel pequeno nin situación que non se poida negocia e prefire non estar a estar a desgusto.

 

Considerase afortunada xa que nos seus comezos no sentiu discriminación por ser muller xa que era a máis nova da compañía que estaba capitaneada por unha feminista. Nunca soportou un trato diferente por parte dos directores.

Para ela o físico e a idade repercute máis nunha muller que nun home. Considera que o papel da muller vai arando pero que aínda queda moito que loitar.

 

Respecto ao panorama audiovisual galego considera que hai un esforzo por producir cousas novas e diferentes.

Para ela o mundo audiovisual e teatral é un mundo duro no que hai que ter moita sorte para vivir del.

 

Actualmente, traballa na segunda tempada da serie Os Mariachis, no programa Malo Será e en Impro coa súa compañeira Lucía Veiga, coa que conforma o dúo “Izquierdo Sisters”

MARITA
MARITA1
  • Instagram
bottom of page