top of page

Morgana e fillas

Non sería posible chegar a tanta xente en tan pouco tempo e a tantos lugares, se non fose polas redes sociais. Pero as artistas están expostas a que se poidan aproveitar do seu traballo sen remuneración. E a única maneira de solucionalo é educar, deixar de infravalorar as artes e inculcarllo ás nenas e aos nenos. Cando algo tan importante como a creatividade se deixa en segundo plano, pasa isto: que ó final a xente non entende o valor dun traballo artístico. O problema non son as redes sociais; o problema está nos nosos valores.

 

O feminismo está nas creadoras (non en todas), pero non por "empregar etiquetas" igual que as demais implica ser unha creadora comprometida co feminismo. Por sorte hai moitísimas mulleres que empregan o feminismo para crear e para empoderarse.

 

A marca do movemento nas artes plásticas evidenciase á hora de ilustrar corpos de mulleres. Antes normalmente se debuxaban a mulleres "perfectas" e era impensable, case, facer outro tipo de corpos. Agora hai centos de ilustradoras que debuxan mulleres con corpos moi diversos: gordas, estrías, vitilxio, peitos caídos, pelos....

 

O público tamén demanda feminismo, como consumidora ela tamén é máis esixente e busca unha mensaxe detrás dunha peza artística. Consumir e mercar arte feito por mulleres como se fose unha forma de compensar todos os séculos de historia nos que foron silenciadas. Dentro deste público "concienciado" cabe destacar que a maioría son mulleres e asociacións feministas, falta a súa extensión ao resto da sociedade.

 

Non podería vivir do seu traballo como ilustradora.

do-not-take-photos-1576438_1920
bottom of page