top of page
Nuria M. F.
É coñecida pola súa fotografía de autorretratos. Todo o traballo é feito por ela: a modelo, a cámara, a idea e a edición. O motivo disto di que é porque traballa mellor soa e ten moi claro o que quere.
A súa fotografía moi a miúdo vén acompañada de textos que se relacionan coa intención ou expresión da mesma fotografía, é dicir, tenta que teñan un carácter social. Un tema ao que adoita aludir moito é á defensa do feminismo.
A súa vocación foi máis ben tardía. Ela conta que decidiu probar todas as artes dalgunha maneira e esta foi na que viu que era boa e seguiu adiante. Un dos puntos máis curiosos e que define a súa fotografía é a perfecta recreación dos “personaxes que crea”. A súa fotografía defínea como conceptual.
![]() | ![]() |
---|
bottom of page