top of page

Rosy Sarmiento

Rosy Sarmiento é unha escritora cunha vocación moi temperá, dende nena, aínda que as súas

ansias por publicar virían máis tarde. Ela defínese como poetisa ante todo, aínda que actualmente

se está dedicando á novela.

 

Para ela, o feito de exercer a súa paixón é como respirar, algo innato ao que non se pode negar. Por iso, a ela gustaríalle poder chegar a vivir de iso. En canto ao considerarse artista galega coméntanos como ela escribe as súas novelas en castelán. Sen embargo, si que ten poemas en galego e considera que a nosa lingua debe estar fomentada.

 

Os seus proxectos baséanse principalmente en facerse un oco firme no mundo da literatura. Ademais, acaba de publicar o seu segundo poemario, no verán, sairá á luz a súa segunda novela ‘Dicotomía púrpura’, e está traballando na redacción dunha terceira novela.

Rosy Sarmiento
Rosy_Sarmiento_(roxelana_gil_es_su_pseud
bottom of page