Sabela Arán
Defínese como unha persoa totalmente feliz á hora de crear a súa arte e tivo moi claro dende pequena que quería adicarse a iso, aínda que tamén lle gustaba o canto e o baile.
Traballou de maneira profesional por primeira vez na película ''Vilamor'' de Ignacio Vilar, e dende aí abríronselle moitas máis portas. Gustaríalle poder vivir sempre do seu traballo, aínda que algo moi complicado.
Asegura que o feedback do seu traballo sempre adoita ser positivo e tamén confirma o seu orgullo con respecto ao seu xénero e á súa orixe, xa que a maior parte da súa vida profesional construiuse grazas a Galicia e ao galego.
Existen dificultades para as mulleres no seu sector sobre todo debido á falta de personaxes femininos. É importante concienciar das situacións de desigualdade para poder cambialas, que por sorte van cambiando pouquiño a pouquiño. Identifícase con moitas mulleres, como Frida Kahlo, Whitney, Michelle Pfeiffer, Angelica Houston…
![]() |
---|
![]() |