top of page

Sabela Hermida

Sabela, que dende nena sempre mostrou inclinacións polo mundo artístico, ten formación en música e danza, aínda que o que sempre lle gustou foi o teatro. Comezou a súa formación interpretativa mentres estudaba Filosofía e a define como unha vocación “innata”. Para ela, María Casares un referente no eido artístico.

 

Considera que o mundo artístico continúa a ser machista e patriarcal xa que para ela non deixa de ser un reflexo da sociedade. Afirma que moitos directores déronlle un trato diferente respecto a moitos compañeiros varóns, aos que moitas veces se lles outorgaba “privilexios”.

 

Respecto ao panorama artístico galego afirma que se está a vivir un momento moi bo xa que hai moito talento e calidade por parte dos profesionais e destaca producións como “Fariña” que axudan a que fóra das fronteiras se coñeza a calidade que temos no país.

 

Viviu dous anos en Granada e trece anos en Madrid e tivo que traballar moito para neutralizar o acento galego.

 

Acaba de estrear unha obra de xénero cómico coa Cia Bucanero chamada “Sesión Continua” e alterna distintas produción teatrais de xénero dramático. Ademais ten un proxecto no eido audiovisual.

SABELAHERMIDA
  • Instagram
bottom of page