Sandra Iglesias
Sandra é unha fotógrafa de apenas dezasete anos que ten no seu Instagram 26 mil seguidores, feito que di que lle resulta aínda a veces estraño cando a xente a saúda pola rúa. Encantaríalle dedicarse a ser fotógrafa de conflitos para que as súas fotografías mostren e conten realidades, aínda que o considera difícil e por iso cree que a súa fotografía se quedará nun hobbie co que gañar diñeiro extra. O seu soño sería participar en World press photo.
A súa principal inspiración é ela e os seus sentimentos. Actualmente, debido aos seus estudos, non ten tempo para levar proxectos a cabo, sen embargo, cando teña tempo realizará algún xa que para ela facer fotografía ou vídeo é un momento de desconexión. Confesa que o que menos lle gusta da fotografía é a edición. En canto ao panorama galego considera que se queres dedicarte a cousas específicas deste sector debes ir a grandes cidades.
Define a súa fotografía como íntima á vez que cinematográfica, fantástica ou social. O importante é que conte unha historia.
![]() |
---|