top of page
Vanesa García
A súa vocación pola arte ven dende pequena, pero entrar na carreira de Belas Artes impulsou a súa
creatividade, sobre todo cara a ilustración dixital.
Síntese cómoda traballando en ámbitos tranquilos e solitarios, onde non teña presión. Isto facilítalle traballos como as ilustracións reivindicativas de carácter feminista, e os seus traballos de fotografía relacionados co tema. Ademais, relacionado co feminismo, Vanesa sinte que o feito de ser muller chega a ser unha desvantaxe en todos os ámbitos, incluído no que ela se move, o artístico.
Os custes de produción, e intentar seguir pagando a carreira, son o que a leva á venta tanto de ilustracións, como de pegatinas e bolsas feministas, cos seus propios deseños.
![]() |
---|
![]() |
![]() |
![]() |
bottom of page