Xiana Quintas
Non se considera artista, pero fai arte.
Fai fotografías dende pequena, coas analóxicas en excursións e viaxes. No 2005 o seu irmán comprou unha cámara que tiña un modo manual e aí comezou a interesarse pola fotografía, pero é no 2009 cando conseguiu a súa primeira cámara lomográfica (unha cámara de plástico), aí é cando comezou realmente a amar o que facía.
Criouse rodeada de arte, os seus pais tiñan un bar de concertos. Viaxaba cos seus pais e visitaba moitos museos. Todo iso inspirouna, pero sobre todo o seu irmán, sempre ligado co graffiti e co deseño gráfico.
Ten moitísimos referentes como Vivian Fu, Nadine Jjewere, La Zowi, Jhon Yuyi, lona Szwarc, Ren Hang, Phebe Schmidt, Silvia Mella, Björk, Pablo Prado, Juno Calypso, Putochinomaricón,
Lola Dupre e unha longa lista.
![]() |
---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |